Aula virtual

Todas as actividades están a vosa disposición na aula virtual do cole.

jueves, 23 de abril de 2020

Practica este ritmos de mans


Repasa

Cando a remates tíralle unha foto e mándama ó correo:

profemisi@gmail.com

Tamén a podes mandalo á Aula Virtual.
 

Quéroche presentar un instrumento musical moi curioso que se chama birimbao ou trompa:

É un pequeno instrumento musical de ferro, que ten unha lingüeta de acero no centro, e se toca achegando ós dentes facendo bibrar a lingüeta.

Así soa:

jueves, 2 de abril de 2020

Novas actividades.

Primeiro vos propoño unha actividade de ritmo:

No vídeo indícase con pequenas iconas como interpretar o 
ritmo. Neste caso é con palmas onde hai negras e nunha das 
partes onde hai corcheas interpretarase con chasquidos dos 
dedos.
Non obstante, tamén pódese facer o exercicio con outros 
instrumentos de percusión caseiros como palillos, chaves, 
cullers etc.Repetídeo ata non teñades faios.
 
Corcheas: Chasquidos dos dedos.
Negra:Palmada

 
 
 
 

Logo imos dar unha volta por un instrumento musical tradicional galego que usaban os nenos e nenas galegas vai moitos anos: 

Empezaremos polo CARRIZO:




 Trátase dun xoguete, un enredo de nenos e nenas, no que unha lingüeta de madeira baixo presión bate nunha cavidade de resonancia. Fabrícanse de xeito moi sinxelo de varios materiais. Nun tubo de cana grosa, duns 5-10 cm de lonxitude, segundo se queira o son máis agudo ou grave, e que conserva o nó dun dos seus extremos, practícase unha fenda rectangular no extremo oposto ao nó. Despois enrólase un cordel duplo dando a volta ao instrumento de xeito que este pase diametralmente pola boca aberta e paralelo á fenda rectangular. Unha vez preparado o tubo, doutro anaco de cana faise unha lingüeta duns 5-6 cm de longo, 2-3 mm de groso e unha largura lixeiramente menor que a fenda rectangular do tubo, onde repousará. Esta lingüeta pásase por entre os dous cordeliños e, axudándose con ela, vanse retorcendo, dándolles voltas, enrolándoos un no outro, ata que adquiren unha torsión que aperta con forza a lingüeta contra o tubo de cana. Entón o instrumento está listo. Tirando da lingüeta cara arriba cun dedo, esta volve con forza ao seu sitio dando un golpe seco contra a cana que, como está oca, amplifica o seu son. Se empregamos varios dedos para tirar da lingüeta de cana podemos facer ritmos co carrizo. En troques dunha lingüeta de cana tamén se pode poñer un tubiño de cana ou mesmo un guizo de calquera madeira seca.


Estre traballo foi realizado por Pablo Carpintero e sacado da páxina: Instrumentos musicas na tradición galega


 Así se constrúe: (Teno que facer un adulto.)

 

domingo, 22 de marzo de 2020

Audición.

Vos propoño unha audición coa obra: “A primavera” de  Vivaldi cuns debuxos que me pareceron moi bonitos, espero que a disfrutedes.



O autor:  Antonio Lucio Vivaldi (Venecia, 4 de marzo de 1678-Viena, 28 de xullo de 1741) 
 
foi un compositor, violinista, empresario, mestre e sacerdote católico barroco veneciano. 
Foi alcumado Il prete rosso ("A cura roxo") por ser sacerdote e pelirrojo. 
O seu dominio reflíctese en cimentar o xénero de concertos, o máis importante do seu tempo.
Compuxo unhas 770 obras, incluíndo máis de 400 concertos e case 46 óperas. 
É especialmente coñecido, popularmente, por ser o autor da serie de concertos para violín e 
orquestra chamada: As catro estacións.



Logo podedes repasar as espirais da seguinte ficha e colorear o debuxo.




lunes, 16 de marzo de 2020

Escoita e aprende a seguinte canción: 




Premendo co botón dereito, podedes descargar (gardar imaxen como) a imaxen seguinte para repasar e colorear a clave de sol, e o sol.



domingo, 26 de enero de 2020

INCREDIBOX: ÉXITO ASEGURADO

Que ben o pasaremos con Incredibox!!!!!



1º A MIX (INCREDIBOX)


1º B MIX (INCREDIBOX)


1º C MIX (INCREDIBOX)



E se queres crear ti a túa propia composición: www.incredibox.com

viernes, 8 de noviembre de 2019